Club Natación As MeigasAs Meigas

Euro Master Team Meigas

Campionato Euro Máster 2025

Do 10 ao 14 de decembro, catro das nosas meigas viaxarán ata Lublin, en Polonia, para participar no Campionato Europeo Máster. Un momento histórico para o noso club, xa que será a primeira vez que competimos nun europeo.

As nosas nadadoras chegan con moita ilusión, ganas de aprender, de disfrutar e de vivir unha experiencia única, compartindo piscina cos mellores masters de Europa. Estamos orgullosísimas do seu traballo, da súa evolución e da valentía de dar este paso tan grande.

Agora só queda apoiar, animar e enviar toda a nosa maxia meiga para que vivan esta aventura como merecen. 💙🔮 Imos con todo, meigas! 🧙‍♀️💫🏊‍♀️

Vémonos na auga...
Campionato Euro Máster 2025