Cres na maxia?
As Meigas xurde da paixón de dúas amigas, por este deporte. En 2024, estas nadadoras experimentadas, con numerosas xornnadas ás súas costas, decidiron crear un club de natación diferente, un espazo onde persoas de todas as idades e niveis puidesen aprender, mellorar e gozar da natación nun ambiente acolledor e familiar.
Cremos que a natación é moito máis que un deporte competitivo. O noso obxectivo non é só superar marcas, aquí, apostamos por fomentar a amizade, o compañeirismo e a superación persoal, sen renunciar á participación en competicións. De feito, a nosa esencia cobra vida na liga máster, unha modalidade accesible para todas as idades e niveis.
Dende a súa creación, As Meigas converteuse nunha verdadeira familia. Cada xornada é unha oportunidade para superarnos, compartir momentos especiais e, sobre todo, pasalo ben xuntos. Aínda que a nosa sede está en Lugo, xa contamos con membros que residen en A Coruña, expandindo así o noso espírito pola nosa terra.
Se buscas un lugar para iniciarte, mellorar ou simplemente gozar da natación, As Meigas é o teu club. Aquí non importa o nivel, só as ganas de formar parte dun equipo onde o máis importante é compartir a paixón por este deporte.
¡Únete a nós e descobre a maxia das Meigas!

Sinteste Meiga?
Descobre como formar parte do noso club e contribuir a manter viva a nosa esencia, porque en As Meigas todos sumamos!
Estas son as nosas cores



O consello meigo
Detrás da maxia, hai mans que traballan sen descanso para manter vivo o espírito das Meigas.
Presidenta
Raquel Soilán Fernández
Vicepresidenta
Paula Carreira García
Secretaria
Alba Franco Cal
Tesoureiro
Alberto Vilariño Fernández
Vogal
Sara Fernández Barros