Club Natación As MeigasAs Meigas

Peche de Liga Máster con sabor especial! 🏁💜

Xornada 5 liga 24/25

Este pasado domingo celebrouse na Coruña, na piscina de Riazor, a última xornada da Liga Máster Galega — unha despedida cun sabor moi doce para o noso club neste primeiro ano de vida!

Aínda que tivemos algunhas baixas de última hora, unha por enfermidade e outra por unha feliz paternidade (parabéns!! 👶), os que estivemos alí pasámolo en grande, coma sempre: entre brazadas, ánimos e moito compañeirismo.

🌟 Tivemos dous debuts moi especiais:

  • Inés, unha nova meiga que volve á auga despois de varios anos, deixou unha moi boa impresión con dous quintos postos nos 100 metros libres e 100 metros braza. Un gran comezo, e lista para brillar no campionato galego.

  • Sonia, sempre valente, lanzouse á súa primeira proba de 50 metros bolboreta. Foi a súa estrea… e quen sabe se tamén a súa despedida nese estilo, pero quedamos co sorriso e a valentía!

💥 E como broche de ouro, Alba volveu facer historia cun novo Récord de España nos 50 metros bolboreta (+30), pechando este ciclo competitivo cun logro espectacular máis para o recordo.

Con esta xornada poñemos punto e seguido á tempada 24/25 da Liga Máster, á espera do gran colofón: o Campionato Galego de Verán.

Estamos moi orgullosos de todo o camiño percorrido neste primeiro ano como club. Grazas a todas e todos por formar parte desta aventura. Seguimos nadando! 🐙

Nas redes
Instagram