Club Natación As MeigasAs Meigas

Meses de récord: logros, emoción e novas marcas

Campionato galego inverno 2025

Nestes últimos meses vivimos momentos inesquecibles e cheos de emoción! A nosa paixón pola natación levounos a competir en varias probas, superándonos en cada unha delas e desfrutando ao máximo de cada experiencia.

En decembro, participamos no trofeo Memorial Pedro Luís Fernández Pombo en Carballo, onde demostramos todo o noso potencial. Alba acadou a primeira posición por puntos FINA e Raquel a segunda. Ademais, Alba fixo historia ao establecer un novo Récord de España +30 nos 50 metros bolboreta cun tempo espectacular de 28.53.

O ano 2025 comezou con forza no Campionato Galego de Inverno en Ponteareas. Para moitos dos nosos membros, foi a súa primeira participación nun campionato galego, e o resultado non puido ser mellor: 11 metais conquistados!

🏅 Alba levouse 4 ouros en:

  • 100 bolboreta (Récord de España +30)

  • 200 estilos (Récord Galego +30)

  • 100 libres

  • 50 costas (Récord Galego +30)

🏅 Pablo tamén subiu ao podio con:

  • Ouro nos 100 metros braza +20

  • Bronce nos 200 e 50 metros braza +20

🏅 Raquel brillou con:

  • 3 ouros nos 50 libres, 50 braza e 50 bolboreta +20

  • Prata nos 100 metros braza

En febreiro, viaxamos ata Avilés para competir no IX Open Master Villa de Avilés, onde Alba e Raquel volveron destacar acadando o primeiro posto por puntos FINA nas súas respectivas categorías (+30 e +20). Foi unha competición intensa e moi emocionante!

E para pechar esta fantástica tempada de competicións, fai unhas semanas, as irmás Franco Cal participaron no Campionato Galego de Fondo. Sonia quedou na cuarta posición nos 800 metros libres +35, mentres que Alba seguiu imparable, proclamándose campioa nos 1500 libres +30, batendo un novo Récord Galego e conseguindo o trofeo á mellor marca por puntos FINA.

Non podemos estar máis orgullosos do noso equipo! Todo este esforzo, dedicación e paixón pola natación seguen dando os seus froitos. Seguiremos entrenando con ganas e ilusión para os retos que están por vir. 💪🏊‍♂️🏊‍♀️

Galego fondoGalego inverno podio

Nas redes
Instagram