Club Natación As MeigasAs Meigas

SAMORIN PORTADA

¡Maxia nas augas de Eslovaquia! Broche de ouro no Europeo Máster de Šamorín 🏊‍♂️✨

Punto e final a unha tempada 2025/2026 inesquecible. O Club de Natación As Meigas volve do Campionato Europeo Máster de Šamorín demostrando que o noso feitizo na piscina segue máis vivo e potente ca nunca.

Despois de meses de adestramento duro e moita dedicación, catro das nosas nadadoras máster desprazáronse ata Eslovaquia para enfrontarse aos mellores clubs do continente. O resultado non puido ser máis espectacular: medallas, mellores marcas persoais e un ambiente de equipo incrible.

🥇 Alba Franco (+35) | Campioa de Europa: Alba fixo xurdir a maxia nas augas colgándose o ouro nos 100m bolboreta e rozou o podio cunha brillante 4ª posición 🍫 nos 50m libres.

ALBA MEDALLA ESLOVAQUIA

🏊‍♀️ Remuda 4x50 Estilos | TOP 8 Continental: Unha sincronía e forza perfectas. O equipazo formado por Sabela, Ares, Alba e Joana uniu enerxías para conseguir un 8º posto europeo.

RELEVO SAMORIN

💪 Sabela Ben (+30): Gran actuación e grandes sensaciones nos 50m braza e 50m libres

⚡ Ares e Joana: Ambas voaron sobre a auga para pulverizar os seus cronos e asinar as súas mellores marcas persoais nas súas respectivas postas.

Con estes resultados pechamos un ano deportivo cheo de momentos inesquecibles dentro e fóra da auga. Agora toca un ben merecido descanso para repoñer forzas... ¡porque en setembro a maxia do Club de Natación As Meigas volve á piscina con máis forza ca nunca! 🔮✨

Nas redes
Instagram