Gran actuación no Campionato Galego Máster de Inverno 2026
13/01/2026

Esta fin de semana participamos no Campionato Galego Máster de Inverno, celebrado en Ponteareas, nunha competición dividida en dúas xornadas moi intensas nas que as nosas meigas e meigos volveron demostrar o gran momento deportivo do club.
O balance global non puido ser mellor e queda claro tamén nos números:
🏅 28 medallas totais
🥇 12 ouros
🥈 7 pratas
🥉 9 bronces
Un resultado espectacular que reflicte o traballo constante nos adestramentos e a consolidación do equipo nesta tempada.
Un dos grandes nomes do campionato foi, unha vez máis, Alba Franco, que asinou unha actuación extraordinaria establecendo múltiples récords na categoría +35 ao longo das dúas xornadas:
Récord galego nos 200 metros bolboreta, 100 metros bolboreta, 200 metros estilos e 50 metros libres
Récord de España nos 50 metros bolboreta
As remudas femininas tamén tiveron un papel protagonista, logrando resultados históricos:
🥇 4x50 metros libres feminino (+120), con récord galego
🥇 4x50 metros estilos feminino (+120), tamén con récord galego

Mención moi especial para aquelas persoas que conseguiron a súa primeira medalla competindo coas Meigas, un momento sempre inesquecible: Ares, Sabela Durán, Névia, Laura, Sabela Ben, Johann e Gonzalo. Parabéns a todas e todos! 💜🔮
En canto á clasificación final por puntos, o noso equipo feminino acadou unha excelente terceira posición, mentres que o club, no cómputo xeral, rematou nunha oitava posición, confirmando o bo nivel competitivo do grupo.
Pechamos así o Campionato Galego Máster de Inverno con orgullo, ilusión e moitas ganas de seguir mellorando de cara ás vindeiras citas.
Seguimos adestrando con forza. IMOS MEIGAS! 💪🏽🔮
