Este sábado 8 de novembro demos o pistoletazo de saída á tempada 25/26 da Liga Máster Galega!
A primeira xornada disputouse na piscina do Club del Mar, en San Amaro (A Coruña), e non puido comezar mellor: entusiasmo, boas marcas e moita ilusión por parte das nosas meigas e meigos. 💙
Foron 16 nadadoras e nadadores representando ao club, e para moitas destas persoas foi a súa primeira experiencia en competición, mentres que outras debutaban por primeira vez co noso equipo. Un día cheo de emocións, risas e tamén algo de nervios, pero sobre todo de espírito de equipo!
Un dos momentos máis destacables foi a participación das novas meigas na proba de 400 metros libres, a máis longa da xornada. Afrontárona con forza e valentía, demostrando que o noso equipo medra non só en número, senón tamén en compromiso e ilusión. 💪
Por suposto, non faltaron os ánimos e vítores desde as bancadas e entre compañeiras e compañeiros. Porque se algo nos caracteriza é esa maxia especial que fai que cada competición se viva como unha auténtica festa.
E, como broche de ouro, Alba Franco volveu superarse, esta vez debutando na categoría +35. Parece que vén unha tempada movidiña 🔥
🚨 Récord de España nos 50 metros bolboreta
🚨 Récord Galego nos 100 metros estilos
Unha xornada redonda para abrir a tempada, dar a benvida ás novas incorporacións e seguir fortalecendo este proxecto que non para de medrar.
Parabéns a todas e todos por facer posible este día tan especial. Seguimos con moita maxia, moita auga e moita ilusión polo que está por vir! 🏊♀️🏊♂️💫

