As Meigas volven triunfar no Trofeo Memorial Pedro Luis Fernández Pombo
O pasado domingo 14 de decembro participamos no Trofeo Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, celebrado en Carballo, e as nosas Meigas volveron deixar o listón ben alto. 💙🏊♀️
Inês, Pablo e Sonia asinaron unha gran actuación, con moi boas sensacións e excelentes resultados en todas as probas disputadas. O traballo nos adestramentos segue dando os seus froitos! 💪🏻
Mención especial para Inês Abreu, que acadou un magnífico terceiro posto na clasificación por puntos FINA 🥉, pechando unha xornada redonda para o equipo.

Orgullo de Meigas, orgullo de club! ✨🔮 Seguimos nadando! 💦