Club Natación As MeigasAs Meigas

As Meigas fan maxia no Euro Máster de Polonia 2025 🇵🇱

Equipo Euro Máster

Rematamos a nosa participación no Campionato de Europa Máster de Natación, celebrado en Lublin (Polonia), cun balance que dificilmente poderemos esquecer. Foi a primeira experiencia europea para o noso club e para as nosas nadadoras, e o resultado non puido ser mellor: aprendizaxe, emocións fortes… e medallas!

Durante varios días de competición, as nosas Meigas deixáronse a pel na piscina, demostrando carácter, compromiso e un enorme nivel competitivo fronte ás mellores nadadoras máster de Europa.

Resultados individuais

Paula Polo (+25)

  • 100 metros estilos → 14ª clasificada

  • 200 metros libres → 9ª clasificada

Sabela Ben (+30)

  • 100 metros estilos → 16ª clasificada

  • 100 metros braza → 14ª clasificada

Alba Franco (+30)

  • 🥈 Prata nos 100 metros estilos, establecendo ademais un novo récord galego

  • 🥉 Bronce nos 50 metros bolboreta, cun espectacular récord de España

Podio Euro Máster

Un final para a historia

Como broche final ao campionato, chegou un dos momentos máis especiais desta aventura europea:

💥 Remuda feminina 4x50 estilos, formada por Sabela, Paula, Alba e Yoana, na que acadaron un impresionante BRONCE EUROPEO 🥉. Un resultado histórico que simboliza á perfección o espírito de equipo, a unión e a maxia que define ás nosas Meigas.

587817850 17909907534271478 5243371547088221332 n

Non podemos estar máis orgullosos delas, tanto polos resultados como pola actitude dentro e fóra da auga. Representaron ao club da mellor maneira posible e deixaron claro que este proxecto segue medrando paso a paso… tamén a nivel internacional. 💜🔮

Queremos agradecer de corazón o apoio dos nosos patrocinadores, fundamentais para facer posible esta experiencia única.

Seguimos soñando, seguimos nadando.

Nas redes
Instagram