O pasado sábado 17 de Outubro o Club de Natación As Meigas comezou oficialmente a tempada 2026/2027 disputando a 1ª Xornada de Liga en Narón. Unha primeira cita marcada polas ganas de volver á competición, a integración de novas incorporacións e a mellora de marcas persoais.
🙌🏽 Gran comezo na piscina de Narón
Despois do descanso estival, o equipo volveu á competición coa máxima motivación para dalo todo desde o primeiro metro. O ambiente no equipo foi inmellorable e os resultados reflectiron o bo traballo realizado neste inicio de curso.
💪🏽Benvida ás novas incorporacións : Esta tempada sumamos moitas caras novas que veñen pisando forte, amosando un gran compromiso e desfrutando ao máximo da natación. ¡Benvid@s a tod@s ao club!
⏱️ Mellores marcas persoais: Pola súa banda, os nadadores máis veteranos demostraron un gran nivel de forma, logrando numerosas marcas persoais nesta primeira xornada e confirmando a súa evolución día a día.
✨ Unha tempada chea de retos
A tempada 26/27 xa está en marcha. Afrontamos os vindeiros compromisos do calendario con moita ilusión, traballo en equipo e ganas de seguir mellorando xornada a xornada.
¡Parabéns a todo o equipo polo gran papel en Narón! 🏊♀️💪
